PROPOSTAS CULTURAIS: 16 ao 17 de xuño

14/06/2018

SÁBADO 16 DE XUÑO Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo - 21.00 horas

TEATRO: Divinas Palabras Revolution do Centro Dramático Galego

A nova produción do Centro Dramático Galego, Divinas Palabras Revolution, vén á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 16 de xuño ás 21.00 horas.

Divinas Palabras Revolution é unha traxicomedia de aldea global a partir da obra de Ramón María del Valle-Inclán e baixo a direción de Xron.

Está recomendada para persoas maiores de 16 anos, e ten unha duración de 2 horas.

As entradas teñen un custo de 5,00 € e poden adquirirse na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.

DOMINGO 17 DE XUÑO Isorna - a partir das 16.00 horas

III FESTIVAL DE POESÍA MARIÑEIRA MAR DE GALIZA

O próximo domingo 3 de xuño realizarase o III Festival de poesía mariñeira Mar de Galiza, organizado por Xosé Agrelo Romero coa colaboración do Concello de Rianxo.

Máis información no sitio web do Concello de Rianxo

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies