PROPOSTAS CULTURAIS 23-24 MARZO

21/03/2018

VENRES 23 DE MARZO

Rúas de Rianxo - a partir das 10.30 horas

PINTURA NA RÚA E LECTURA DE POEMAS

O poemario de Manuel Antonio, De catro a catro, está de aniversario: hai noventa anos que se imprimiu a súa primeira edición.

Pintura na rúa e lecturas de poemas coa participación dos centros de ensino do Concello de Rianxo

VENRES 23 DE MARZO

Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo - 20.30 horas

PRESENTACIÓN DO LIBRO: Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego de X. Ricardo Losada

A sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá, o venres 23 de marzo, ás 20.30 h, a presentación do libro: Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego, de X. Ricardo Losada.

No acto, ademais da presenza do autor, estarán presentes: Antón Riveiro Coello (escritor), Xosé Luís Franco Grande (escritor), Francisco Castro (director xeral de Galaxia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

Presentarase o suplemento cultural A Voz de Barbantia núm. 133 e contarase coa apertura e peche musical de Graciela Boquete (voz) e Tano Domingo (piano).

SÁBADO 24 DE MARZO

Salón de actos do Auditorio de Rianxo - 20.00 horas

CICLO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA: As cicatrices do exilio en Rianxo a cargo de Xosé Luís Axeitos

Xosé Luís Axeitos é o encargado de impartir, neste mes de marzo, a conferencia do ciclo sobre memoria histórica organizado pola Uned Senior en Rianxo. Será o sábado 24 de marzo, ás 20.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, e nesta ocasión o título é As cicatrices do exilio en Rianxo.

Máis información No sitio web do Concello de Rianxo

Agardamos que a información sexa do seu interese. Un cordial saúdo.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies