CORTE DE TRÁFICO POR OBRAS NA RÚA CALEXÓN DO XUDÍO

20/04/2018

Datas: do luns día 23 de abril de 2018 ata o luns día 30

Horas: das 08.00 do día 23 ata ás 08.00 horas do día 30

Vía que se corta: Calexón do Xudío, afectando a todo o tramo desa vía, dende o Paseo da Ribeira ata a rúa do Medio.

Motivo: obras de acondicionamento do firme.

Restricións na circulación:

Habilitarase un acceso de vehículos ó casco antigo pola rúa Paio Gómez Chariño, a cal durante o corte de tráfico será provisionalmente de dobre sentido de circulación.

Este acceso só poderá ser utilizado por vehículos dos residentes e para vehículos que realicen traballos de carga e descarga, prohibíndose a circulación de camións.

O mércores e o domingo debido ó mercado ambulante e ao corte da Praza Castelao, os residentes no Campo de Arriba poderán entrar pola rúa de Arriba dende a rúa Adro.

Información: Policía Local, 981860625 / 609862222

Grazas pola súa colaboración

A policía local

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies