PROPOSTAS CULTURAIS 25-26 DE MAIO

24/05/2018

VENRES 25 DE MAIO

Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo - 20.30 horas

PRESENTACIÓN: Poesía mínima/Minimal Poetry de Helena Villar Janeiro

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o vindeiro venres 25 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar a saída do suplemento cultural A Voz de Barbantia (número 135) e a presentación da obra: Poesía mínima / Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro.

Intervirán no acto, amais da autora:

- María Xesús Blanco, vicepresidenta de Barbantia

- Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora

- Raquel García, concelleira de Cultura de Rianxo

Intervención musical da Escola de Música de Rianxo, Félix Rodríguez (bombardino) e Aitana Alcalde Ares (fagot)

SÁBADO 26 DE MAIO

Campo de Arriba de Rianxo - a partir das 19.00 horas

XIII SERÁN MAR DE RIANXO

O 26 de maio, a partir das doce da mañá, terá lugar no Campo de Arriba o XIII Serán Mar de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies