Noticias e alertas

PROPOSTAS CULTURAIS 17-18 febreiro

16/02/2018

Atentamente permítome enviarlle información e convidalo /a a participar nas propostas culturais que se desenvolverán neste fin de semana en Rianxo organizadas pola Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización.

SÁBADO 17 DE FEBREIRO Biblioteca Municipal de Rianxo - 12.00 horas

PRESENTACIÓN DO LIBRO: Na butaca de Esther F. Carrodeguas

Presentación do libro "Na Butaca" de Esther Carrodeguas, sábado 17 de febreiros as 12.00h na Biblioteca Municipal de Rianxo.
Entrada ata completar aforo.

SÁBADO 17 DE FEBREIRO Campo de Pasos Taragoña - A partir das 17.00 horas

DESFILE DE CARROZAS E OBRADOIROS

O sábado 17 de febreiro, a partir das 17.00 horas, terá lugar en Campos de Pazos (Taragoña) un DESFILE DE CARROZAS.

Para as crianzas haberá diversos obradoiros e inchables.

A música correrá a cargo dos grupos tradicionais ESTRÓUPELE e LUSCO E FUSCO.

SÁBADO 17 DE FEBREIRO Centro social de Asados Atalaia - 20.00 horas

TEATRO: Romeo e Xulieta a cargo do grupo de teatro Airiños de Asados

O Grupo de Teatro Airiños representa, o vindeiro sábado 17 de febreiro, no Centro Social de Asados na Atalaia, a súa produción Romeo e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas a partir do clásico de Shakespeare. A hora da representación será ás oito do serán.

SÁBADO 17 DE FEBREIRO Centro Cultural de Taragoña - ao remate das carrozas

BITUIN DE TRIS

O 17 de febreiro, despois do desfile de carrozas, terá lugar no Centro Cultural de Taragoña o famoso concurso Bituin the Tris, organizado pola Asociación Festival Antropinos.

A quen vas invitar este ano?

Máis información e inscricións na páxina de facebook de Antrospinos.

DOMINGO 18 DE FEBREIRO Praza Castelao - A partir das 17.00 horas

ENTROIDO EN RIANXO

Dende as 17:00 h. Praza Castelao

• Certame de Carrozas, desfile dende a zona portuaria ata a praza (inicio do desfile ás 17:00 h). 3 primeiros premios de 700, 500 e 300 euros e ata 10 accésits de 150 euros.

• Ambientación musical

* Sorteo de agasallos entre as persoas disfrazadas (categorías: xoubas, sardiñas, xardas e adultos)

10 para xoubas – ata 6 anos

6 para Sardiñas – 7 a 12 anos

4 para Xardas - 13 a 16 anos

3 lotes para adultos

• Espectáculo de rúa: "O Folión do Zampón" de Fantoches Baj (17:30 en adiante).

• Presentado e animado por Román Castaño e Duarte Galbán en Os vellos.

  • Ao remate Enterro do Toribiño organizado pola Comisión Juadalupeñas.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies