Noticias e alertas

TEATRO: Mensaxe do mar a cargo de Fantoches Baj

01/03/2018

SÁBADO 3 DE MARZO

Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo - 20.30 horas

TEATRO: Mensaxe do Mar a cargo de Fantoches Baj

A sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, acollerá o vindeiro sábado 3 de marzo, ás 20.30 horas, a produción teatral de Fantoches Baj Mensaxe do mar.

Mensaxe do Mar é unha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Como se dunha conferencia se tratase, Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata o ano 1961 (cando xa ten 59 anos). En escena aparecerán tamén os seus amigos poetas, Federico García Lorca e Pablo Neruda.

Recomendada para maiores de 14 anos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.

Máis información No sitio web do Concello de Rianxo

Agardamos que a información sexa do seu interese. Un cordial saúdo.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies