Noticias e alertas

PROPOSTAS CULTURAIS 16-19 MARZO

13/03/2018

VENRES 16 DE MARZO

Salón de actos do Auditorio de Rianxo - 20.30 horas

CHARLA COLOQUIO: de catro a catro, un galego culto, moderno e mariñeiro

A actividade prevista para a mañá do venres 16 de pintado de rúa e lecturas coa colaboración dos centros educativos adiase para o xoves 22 de marzo por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas para ese día.

De catro a catro, un galego culto, moderno e mariñeiro é o título da charla-coloquio que impartirán Xosé Luís Axeitos Agrelo e Anxo González Guerra o vindeiro venres 16 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo; esta proposta enmarcase dentro dos actos de conmemoración do 90 aniversario da primeira edición do poemario De catro a catro de Manuel Antonio.

SÁBADO 17 DE MARZO

Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo - 19.00 horas

TEATRO: Quen anda aí de Matacandís Teatro de Noia

O vindeiro sábado 17 de marzo, ás 19.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a función teatral Quen anda aí, a cargo de Matacandís Teatro de Noia.

A peza está escrita e dirixida por Rosa Baña Castro.

Está recomendada para público familiar, infantil e xuvenil.


A proposta está organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo.

LUNS 19 DE MARZO

Salón de actos do IES Félix Muriel de Rianxo - 12.30 horas

CONFERENCIA: Misións pedagóxicas, bibliotecas escolares e represión do maxisterio

O luns 19 de marzo, ás 12.30 horas, o profesor universitario José Manuel Malheiro Gutiérrez achegarase ao salón de actos do IES Félix Muriel dentro do Ciclo sobre memoria histórica organizada pola Uned Senior en Rianxo.

O título da conferencia é o seguinte Misións pedagóxicas, bibliotecas escolares e represión do maxisterio durante a guerra civil e o primeiro franquismo.

A conferencia está aberta a tódolos públicos non só a comunidade educativa.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies